Aspecto da cea de inauguración da tempada 2011-2012
Actividades 2011-2012
Todos os sábados sairemos de Sillobre ás 9:00 ao monte
Todos os luns reunión da xunta diretiva ás 19:00 mo local social de Maniños. Desde as 18;30 atenderemos as solicitudes de clasificación.
Xornadas micolóxicas de Fene:
Curso de iniciación 19 e 20 de outubro. 22 e 23 de novembro curso de microscopía. Domingo 27 degustación popular en Perlío (feirón)
Cea do día 8:
O sábado 8 de outubro cea de inauguración de tempada.
Menú: Sopa de rubescens con croques, gulas con cogomelos, corzo con compota de mazá, castañas e cogomelos. Sobremesa: Figo con xirope, cantarelus cibarius e queixo fresco.
Excursión a Soto del Barco:
15 e 16 de outubro excursión a Soto del Barco Asturias.
Arume:
Curso de iniciación para a sociedade rural Arume 18 de outubro con saída ao monte o 22 sábado.
Xornadas Rubia Barcia:
Serán o 20, 21 e 22 de outubro. Exposición o día 20. O 21 será a degustación e o 22 a saída ao monte.
Xornadas de Ferrol
Do 8 ao 12 de novembro. Martes 8 conferencia de Julián Alonso Díaz “ A familia Boletacea en Galicia”. As conferencias serán ás 7: 30 no Centro Cultural Torrente Ballester. Día 9 conferencia de José Mª Traba Velay “ A familia Macrolepiota e afíns”. Cantón de Molíns 10 e 11 Macroexposición, visita de colexios, concurso de carteis e saída ao monte.
Pedro Roca:
Participaremos no mes dos cogomelos no Restaurante Pedro Roca.
Arco Atlántico Maliaño (Santander):
A nosa participación será numerosa no VI Congreso Internacinal do Arco Atlántico.
Parque Micolóxico.
Seguiremos co seguimento quincenal do Parque Micolóxico e as visitas guiadas para os colexios da comarca.