Historia da Asociación Micolóxica Viriato


A Asociación Micolóxica Viriato coa súa longa traxectoria divulgativa e de formación non regrada dende a súa fundación no ano 1.983. Está integrada en “A Federación Galega de Micoloxía”, desde 1984,que ten como fin promover a divulgación e coñecemento da Micoloxía e a súa relación co medio ambiente.
Nestes 22 anos de historia a Agrupación Micolóxica:

Colaborou e colabora con numerosas asociacións relacionadas co medio ambiente, sociedades micolóxicas, escolas, institutos, axencias de extensión agraria, sociedades culturais e prensa especializada, de ámbito autonómico, peninsular e internacional, en preparación de cursos, seminarios, conferencias, tertulias, artículos e ponencias con recursos humanos moi cualificados.
Organiza todos os anos a “Semana Micolóxica de Ferrol”, onde teñen participado e participan grandes expertos, da península e do estranxeiro, na materia.
Organiza todos os anos as “Xornadas Micolóxicas de Fene”.

Claborou estudios dos micotopos da comarca de Ferrol, así como os da Serra do Caurel (Lugo), Merza (Pontevedra), Serra do Geres (Portugal), Incio (Lugo), Mañón (A Coruña), Lago de Sanabria (Zamora) e a serra asturiana de Oscos.

Tamén organizou en 1994 a “A XVI Semana Micolóxica de Galicia” e en 2001 a “A XX Semana Micolóxica de Galicia”.
Participou no Congreso Internacional de Ceva (Italia), en1989; no I, II, III e IV Congreso Galaico-Luso de Macromicoloxía nos anos 1987, 1988, 1989 e 1994 respectivamente.
Colaborou e participou con ponentes no “1º Congreso Micolóxico de Galicia”, Chantada (Lugo) 1.999
O NOSO GRANDE PROXECTO ACTUAL: O PARQUE MICOLÓXICO DO RÍO BELELLE

Co Proxecto de Educación Ambiental no Parque Micolóxico do Río Belelle a Agrupación Micolóxica Viriato pretende dar un paso máis, sensibilizando á poboación para unha percepción integrada e un recoñecemento global do medio ambiente; ensinar a facer unha valoración ética, económica e estética do medio ambiente, fomentando actitudes de responsabilidade e solidaridade universal; e reforzar e modificar comportamentos para os cidadáns tomen un papel activo na conservación do medio ambiente.

AS IDEAS QUE ANIMAN O NOSO PROXECTO
As ideas fundamentais que nos van servir de base no noso proxecto de Educación Ambiental, son as seguintes:
Partir de enfoques amplos e plurais respecto da conceptualización do ambiente, das súas diversas realidades e dos problemas ambientais. Isto comporta, en primeiro lugar, unha aproximación a eles desde criterios de complexidade teórica e metodolóxica, a través de prácticas interdisciplinares e multiprofesionais; e, en segundo, a consideración do Medio Ambiente nas súas diferentes coordenadas e aspectos configuradores, sexan de natureza biótica, abiótica e/o social.

Garantir o dereito a un pensamento diverxente, crítico e innovador, no plano individual e colectivo, en calquera das circunstancias nas que se desenvolve unha acción educativa ambiental.
Considerar a participación social dos cidadáns, nas diferentes modalidades e procedementos, como unha canle insustituible cara a súa implicación, adopción de compromisos e responsabilidades públicas en cuestións medio ambientais, para afrontar e resolver problemas que lles afectan de modo directo

Convocar e responsabilizar ao conxunto da sociedade, desde a infancia ata a vellez, desde os ámbitos locais ata os internacionais neste proceso educativo que, polas súas características e obxetivos, deberá ser permanente ao longo da vida e congruente con criterios básicos dunha educación integral e para todos.

Reglamentar e artellar (segundo prioridades, competencias e/ou estratexias de colaboración) a presencia de diferentes axentes sociais no deseño, desenvolvemento e avaliación de iniciativas educativo ambientais; fomentar o intercambio de informacións, a comunicación e divulgación de propostas e experiencias, xerar redes asociativas e institucionais que incrementen as posibilidades de cooperación social nas prácticas educativo ambientais e potenciar as actividades existentes.
Coordenar as diferentes modalidades da Educación Ambiental (formal, non formal e informal), de modo que se aproveiten as súas respectivas posibilidades e recursos para a formación integral e continuada das persoas, favorecendo unha axeitada transición entre os seus programas, iniciativas e experiencias.
Dispoñer e manter sostidamente os recursos económicos, técnicos e humanos precisos para a promoción e desenvolvemento da Educación Ambiental.
Definir criterios e mecanismos de avaliación, a través dos cis se valoren cuantitativa e cualitativamente as iniciativas e actuacións en materia de Educación Ambiental, atendendo á diversidade dos seus procedementos e logros. Concebida como unha avaliación orientada á toma de decisións, deberá contribuir a enxuiciar os grados de pertinencia, eficacia, rendibilidade, suficiencia, etc. das prácticas educativo ambientais e da súa calidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s